Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

sábado, 1 de noviembre de 2014

Viaxe a Ferrol (8,9,10 abril). 4º ESO.

            Despois de chegar ao hotel Almirante na praza de España, visitamos a fermosa e longa praia de Doniños e logo o espectacular Castelo de San Felipe defendendo a entrada da ría de Ferrol, no camiño ao castelo distinguimos A Coruña e o seu vello faro ao lonxe e apreciamos abraiados a estreitura da entrada da ría ferrolá.  

            O día seguinte entramos no Arsenal moi cedo e o primeiro que visitamos foi a fragata F-103 Blas de Lezo; fomos recibidos polo tenente da fragata e un mariñeiro cabo foi o noso guía: quirófano, sala de torpedos, sala de mísiles e radar e sala de control. A seguinte visita foi ao museo naval, no camiño ao museo pasamos polo dique da campá e por numerosas instalacións do Arsenal, no museo hai numerosas maquetas de fragatas antigas e modernas, incluídas a do acorazado Bismark, canóns, municións, restos dunha fragata fundida, a cadeira onde Franco pescaba, o barco co que os gardas mariñas facían prácticas, ferramentas de navegación e cartas de navegación antigas e un montón de cousas curiosas, e soubemos a razón da frase “andar con pés de chumbo” ou a razón de medir a velocidade no mar con nós; e por último tivemos o bautizo de mar que fixemos nun  remolcador capitaneado por un ourensán, dende o que puidemos ver as outras dos fragatas atracadas no Arsenal, o xigante portaavións Adelaida para a Armada australiana e o portaavións Principe Felipe, xa retirado, da Armada española e despois de navegar entre castelos (San Felipe e a Palma)  enfiamos cara a cortina do Arsenal (unha muralla de 750 m. e con 100 canons).

            O último día visitamos os asteleiros Navantia, onde fixemos un percorrido pola súa impresionante historia, vimos un vídeo que explicaba nuns minutos os 16 meses da montaxe e construción do Adelaida, despois fumos ver o asteleiro e pasamos a carón do portavión Adelaida e vímoslle o bandullo cheo de ferros, cabos, tubos...; a última visita foi a Exponav onde a guía fíxonos unha moi interesante explicación da historia da construción naval na comarca dende os alicerces, pasando polos superpetroleiros ata as modernas fragatas F-100.  

            Encamiñamos a volta a Bande. Pasamos por Fene despois de cruzar pola ponte das Pías deixando a nosa dereita un bosque de guindastres dos asteleiros en ambas ribeiras dirixidas pola impoñente grúa-ponte do asteleiro de Fene, continuamos cara o centro comercial Marineda de A Coruña. As 4:30 saímos definitivamente para Bande onde chegamos ás sete da tarde. 

***********

A trip to Ferrol. The first day we visited the beautiful and long beach of Doniños and San Felipe castle; in the way to this castle we could discern A Coruña and its ancient lighthouse in the near distance and appreciate the amazing entrance to the Ferrol estuary. The next day we were guests in the Arsenal, where we entered the frigate F-103 Blas de Lezo, we visit the Naval Museum and we had baptism at sea in a tugboat ship whose captain was from Ourense. And the last day we went in the Navantia shipyards and we knew about its impressive history, we saw the giant aircraft carrier Adelaida for the Australian navy and we visited the Exponav where we learnt about the shipbuilding history in ferrolterra. After crossing the estuary through the Pías bridge and leaving the crane grove on the right led by the huge crane-bridge in the Fene shipyard, we continued to A Coruña where we stopped in Marineda shopping center for a few hours and finally at 4:30 we started our way back to Bande.



A boca da ría.

A Palma dende S. Felipe.

Castelo da Palma (Mugardos) dende S. Felipe.



Castelo S. Felipe.


 Cuadernas dun barco.




Astilleiros de Ribeira.



Antiga calculadora.




Desembarcando.



 Entrada fragata.




Fragata popa.




Na fragata.



Na fragata.



Navegando.




Porta do dique.



Preparados para embarcar.




Torpedo.

  
Ferrolenglish: é a resulta da influenza dos enxeñeiros ingleses que estiveron a traballar no asteleiro ferrolán no primeiro terzo do século XX e que deixaron a cidade despois do estalido da Guerra Civil; desta época temos algúns termos que usamos acotío:
-brus (cepillo) de brush
-filispín (moi rápido) de full speed
-chepo (policía) de shepherd
-choni (persoa intelixente) de Johnny, (moitos dos fillos dos enxeñeiros ingleses que vivían e traballaban en Ferrol no primeiro terzo do século XX chamábanse Johnny; Torrente Ballester contaba que el xogaba con estes rapaces na praza de Amboaxe, e menciona este termo no seus libros).
Links por se queredes ollar algunha cousiña:




No hay comentarios:

Publicar un comentario