Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

sábado, 1 de noviembre de 2014

Entroido 2013

Foi unha mañá chea de diversión e emoción na que os alumnos dos diferentes cursos interpretaron os seus papeis con gran entusiasmo.

As actuacións foron as seguintes:


“THE AQUIS SHOW” (4º ESO)






“TRES HISTORIAS” (2º ESO A)









“EL MARAVILLOSO MUNDO DE PEPPERLAND” (1º ESO B)













 “RAJONIANOS VERSUS GALAICOS” (1º BACH)














“EN EL PARO ESTOY” (1º ESO A)







“AS CHONIS” (2º ESO B)






“TÚ SI QUE NO VALES” (3º ESO)









 O grupo gañador foi 4º de ESO por “The Aquis Show”.





No hay comentarios:

Publicar un comentario