María
Reimóndez no IES Aquis Querquernis (Baixa Limia)
No
segundo cuadrimestre a escritora María Reimóndez visitou o IES
Aquis Querquernis, na Baixa Limia. Todo o alumnado lemos algún libro
seu. Esta é a relación de lecturas, distribuída por cursos:
1º
ESO: O
monstro das palabras
2º
ESO: Usha
3º
ESO: Volvo!
O regreso de Usha
3º
PEMAR: Volvo!
O regreso de Usha
4º
PDC: Volvo!
O regreso de Usha
– O
club da calceta
1º
Bacharelato: Dende
o conflito
A
partir da lectura de cada un dos libros o alumnado implicado realizou
unha exposición de carteis e doutros materiais. Con ela tentáronse
suxerir algunhas das claves da narrativa desta autora.
O
que segue son as respostas ás preguntas que algunhas/algún lle
formulamos, antes de ter un encontro con todas as alumnas e alumnos
do centro.
Alumnado de 1º ESO (O monstro das palabras)
Entrevista realizada por: Andrea Alonso Pérez - Lucía Feijóo Quintas - Iago Rodríguez - Paula Senaz Feijoo
P: Que foi o que che fixo mergullarte no mundo de escribir?
R: Dende pequena gustoume moito ler e cheguei a un punto que empecei a escribir e aquí sigo.
P: Se tiveses que describir este libro en tres palabras, como o definirías?
R: Lingua.medo e superación.
P: En que te inspiraches para escribir este libro?
R: Na preocupación sobre a lingua galega, porque hai xente que non lle dá importancia. Considero que o lugar correcto de falar o galego é aquí, en Galicia.
P: Que sería o monstro das palabras na nosa realidade?
R: Pois case todo. Vivimos rodeados de linguas pertencentes a outros lugares, menos a nosa, que é a máis importante.Ese sería o monstro.
P: Que propósitos queres ter coa mestura das palabras neste libro?
R: Espero reflexionar sobre manter a lingua viva.
P: As lexicografias loitaban con palabras, ti con cal te defenderías do monstro?
R: Vontade.
P: Con que personaxe te identificas máis da historia?
R: Con todos menos co monstro.
P: Como relacionas o contido deste libro coa situación da lingua galega na actualidade?
R: Diso xa falamos un pouco antes.Vivimos rodeados de linguas que non son a nosa e eu penso que primeiro temos que saber falar a nosa e logo as outras. Como lle pasou a algunhas das personaxes da historia.
Alumnado de 2º ESO (Usha)
Entrevista realizada por: Irene Montes Bustos – Lucas Rodríguez Pires
P: Usha é unha personaxe real ou irreal?
R: Non é que a personaxe sexa real ou irreal. Trátase de que os feitos que lle acontecen a ela son coma os que lles ocorren á xente do seu arredor.
P: Que lle acontece ao final ao pai?
R: Para iso hai que ler o segundo libro, Volvo. O regreso de Usha.
P: Os acontecementos que lle ocoren a Savitri son reais?
P: Eses acontecemento que sofre Savitri ocorren usualmente en calquera lado.
P: Como son as mulleres da India?
R: Igual que aquí ou en calquera lado.
Alumnado de 3º ESO (Volvo! O regreso de Usha)
Entrevista realizada por: Noelia Álvarez Márquez - Begoña Estévez Astudillo
P.: Cómo recibiches a noticia de ser finalista do premio Merlín coa novela Usha?
R.: Foi unha noticia moi emocionante porque era un libro moi lido.
P.: Que che inspirou o contido da nova versión de Usha?
R.: Inspiráronmo as peticións dunha segunda parte e tamén o tema sobre a menstruación e os problemas da sociedade.
P.: Os personaxes de Usha, Lakshmi e Ma nacen dalgunhas persoas reais?
R.: Non, son personaxes ficticios.
P.: No libro descríbese a difícil vida que levan os amigos de Usha, na vida real e así de difícil?
R.: Teñen unha vida distinta á nosa.
P.: Por que elixiches este país para narrar a historia que se conta?
R.: Por que levo vinte e dous anos de cooperación na India e quería contar un pouco como e alí a vida.
P.: A que idade comezaches a escribir? Por que?
R.: Comezei a escribir dende pequena, cando empecei a facer as letras. Tiven moi boas influencias na casa. A miña nai encantáballe ler e do meu pai aprendín a tradición oral.
Alumnado de 4º ESO O club da calceta
Entrevista realizada por: Yasmín Bau Savu – Catarina Filipa Cerqueira Martíns
P.: Identifícaste con algunha das túas personaxes, ou algunha delas está inspirado en ti?
R.: Non, todas teñen algo de min e todas son diferentes a min.
P.: Por que elixiches como protagonistas persoas de sexo feminino?
R.: E por que non? Esa pregunta só ten sentido porque se ve que na nosa sociedade algo vai mal . Na nosa sociedade hai mulleres e homes, xa non debía haber esa pregunta, nin un sorprendese de que sexan mulleres as protagonistas.
P.: Escribes a man ou a computador?
R.: A man primeiro e logo o redacto no computador.
P.: Por que escolliches a afección da calceta habendo tantas outras?
R.: Porque a calceta é unha cousa que “fan as mulleres” e non aparece moito na literatura. Ademais, porque é unha metáfora que axudaba a construír o libro. Como cando se calceta, parte por parte.
P.: Como se che ocorreu a idea para O club da calceta?
R.: Calcetando, e a partir da pregunta da dedicatoria do libro, ademais da cuestión da sororidade.
P.: Que consellos lle darías a alguén que quere ser escritora ou escritor?
R.: Que lea e que escriba moito.
Alumnado
de 1º
de Bacharelato
(Dende
o conflito)
Entrevista
realizada por: Andrea Álvarez Penín – Candela Yáñez da Silva
P.:
Por que decidiches ou en que te inspiraches para a
personalidade de Saínza Combarro?
É
complicado de explicar porque Saínza está relacionada con outras
protagonistas dunha serie de libros.
Pero
básicamente a súa personalidade está feita para falar de mundos e
sobre a nosa verdadeira realidade. Ademáis tamén quería dar a
coñecer con ela o traballo dunha/dun xornalista de guerra.
P.:
Que opinas sobre as diferentas entre homes e mulleres que
están tan presentes no día a día? E sobre o machismo que se atopa
tan vixente nas novas xeracións?
Desagrado,
pois a quen lle pareza ben iso ou ben debería estar no cárcere ou
ten un problema grave.
Tamén
é certo que a moita xente sorpréndelle que se traten eses temas
nunha novela. Aí é cando se ve que hai algún problema na
sociedade.
P.:
Por que ambientas os teus libros en lugares onde hai tantos
conflitos bélicos e diferenzas sociais?
Porque
moitas veces esquecemos que o mundo non é só Bande e que nós tamén
somos responsables (indirectamente) do que ocorre neses lugares.
P.:
Por que optaches por escribir unha novela longa?
Ao
escribir non teño en conta o exterior, simplemente o vou alongando
segundo o van pedindo os personaxes.
P.:
Estiveches en persoa nos diferentes lugares que se citan en
“Dende o conflito”?
Estiven
na maioría deles. Si que é certo que en Irak, en Afganistán e en
Sri Lanka non estiven, pero teño coñecemento do que ocorre neses
lugares.
P.:
Como definirías a unha muller moderna?
Non
me atopo moi de acordo con ese término porque eu penso que unha pode
ser antiga e moderna ao mesmo tempo, é moi relativo. Pero
respondendo á vosa pregunta, é moi importante ter vontade para ver
as cousas de diferente xeito para así poder cambiar.