Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

martes, 28 de febrero de 2012

Rosalía de Castro








Rosalía de Castro on the road
ENDL do IES Aquis Querquernis – Bande (Ourense)
Sexta feira, 24 de febreiro de 2012

Audición musicada de poemas rosalianos e recitado dos textos a cargo do alumnado.

- “Xan” (Follas novas) – Quenpallou – Jesica González Feijoo (4º ESO)
- “Negra sombra” (Follas novas) – Carlos Núñez, Luz Casal – Uxía Rodríguez Bernardo (3º ESO)
- “A xustiza pola man” (Follas novas) – Nao – Víctor Gándara Fernández (1º ESO)
- “Adiós, ríos, adiós fontes” (Cantares gallegos) – Amancio Prada – Rocío Jiménez García (2º ESO)
- Lectura do manifesto “Rosalía: 175 anos cheos de vida” – Francisco Silva González (1º Bacharelato)
- Transportadores da música: Eros Domínguez Varela (2º ESO), Iván Fernández Álvarez (1º Bacharelato)
- Audición de temas do disco Rosalía 21