Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

sábado, 1 de noviembre de 2014

Crónica dunha marea negra

Co motivo do décimo aniversario do naufragio do buque petroleiro Prestige , @s alumn@s de 3º e 4º da ESO de OMA organizamos una exposición na que incluíamos traballos nosos,  imaxes, libros… para informar aos nos@s compañeir@s do sucedido. @s alumn@s de 1º ESO A e B realizaron un cuestionario sobre o accidente do petroleiro. Na exposición víanse reflectidas as consecuencias que tivo no medio ambiente, a cronología do suceso e as diferentes iniciativas cidadáns  de protesta e de limpeza das costas da chamada marea negra.

Raquel González López e María Prieto Fernández (alumnas de Obradoiro de Medioambiente- 4ºESO).








No hay comentarios:

Publicar un comentario