Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

viernes, 7 de noviembre de 2014

Literatura para comer

Coincidindo coa celebración do samaín, a quinta feira pasada (30 de outubro), fixemos unha actividade que non resultou nada indixesta.

Esta consistiu na elaboración, por parte de alumnado de 2º da ESO, dalgunhas das moitas receitas de cociña contidas no libro de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta, unha das lecturas optativas que algunhas e algúns estamos a ler.


O resultado, ao final, resultou moi gorentoso, como podedes ver!






























No hay comentarios:

Publicar un comentario