Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

sábado, 1 de noviembre de 2014

Magosto 2013

O pasado luns, 12 de novembro, celebrouse o Magosto no IES Aquis Querquernis. Ó longo deste día houbo numerosas e divertidas actividades no centro:


- A proxección dos cortos dos alumn@s de 4º de ESO e 1ª de bacharelato do ano pasado que presentaron no concurso “Ponte nas ondas” gañando o segundo e primeiro premio. 




- Proxección de películas.

- Partido de baloncesto.



- E outras actividades como xogos de mesa, e o típico magosto coas castañas e chourizos sen esquecer os apetitosos postres que os alumn@s fixeron dende a súas casas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario