Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

martes, 3 de marzo de 2015

Tíralle da lingua: primeira fase

O mes de febreiro realizamos, no centro, a primeira fase do certame de expresión oral Tíralle da lingua, convocado, anualmente, pola AS-PG.
As historias contadas foron, na súa maioría, de base popular. Tamén houbo algún monólogo e textos de creación dos propios participantes.
Velaquí a relación dos/-as elixidos/-as polo xurado —integrado por alumnos/-as e profesores/-as—:

Primeiro ciclo da ESO:
Noelia Álvarez Márquez
Kenya Cerqueira Calleiros
Ares Lamas González
Manuel Emilio Martínez Vivas
Irene Montes Bustos
Sofía Rodríguez Pires

Segundo ciclo da ESO e Bacharelato:
Andrea Álvarez Penín
Victoria Feijoo Quintas
Alba Ferreira López
José Alejandro Gandarela González
Óscar Paz Almeida
Julio Pérez Álvarez – Iván Quintas López


As mellores contadoras e contadores elixidos competirán nunha nova fase. O éxito está garantido!









No hay comentarios:

Publicar un comentario