A
segunda feira 26 de xaneiro recibimos ao escritor Marcos Calveiro, quen mantivo
un encontro co alumnado do noso centro.
Na
primeira avaliación todas e todos lemos algunha obra súa. Logo, en cada nivel
educativo, traballouse co libro que se leu e artellouse unha exposición
conxunta: O libro dos libros de Marcos Calveiro.
Con ela reflectimos a visión que acadamos da obra deste escritor.
Estes
foron os libros seus que lemos este curso:
1º
ESO: Palabras de auga.
2º
ESO: Todos somos.
3º
ESO: O pintor do sombreiro de malvas.
4º
ESO: Setteccento.
1º/2º
Bacharelato: Festina lente.
As
que seguen son algunhas preguntas que lle fixemos o día da súa visita.
Como comezaches a
escribir?
De
pequeno non había televisión. Eu lía moitos libros. Vivía detrás da biblioteca
municipal e estaba sempre a ler.
A que idade comezaches a
escribir?
Aos
trece ou catorce anos.
Que che inspirou o libro Palabras de auga?
As
mulleres de África buscando formigas para alimentaren os seus fillos.
Coñeces ou fuches a
África?
Non.
Adoito escribir sobre lugares que non coñezo.
Con que personaxe te
identificas máis en Todos somos?
Coa
policía que aparece no libro.
Aparece Natalia?
Ao
principio aparecía, pero logo deixei que interpretase o lector.
Que te inspirou a facer
este libro?
Os
numerosos casos de desaparicións.
Por que decidiches que ao
final de Setteccento o violín
rompese?
Era
xustiza poética. O “malo” da historia non ía levar un obxecto tan prezado coma
un violín stradivarius.
Vimos que no libro aparecen
palabras en italiano. Falas ese idioma?
Puxen
palabras en italiano basicamente porque é onde se sitúa a historia. Penso que é
unha especie de xogo. Tamén escribín un libro no cal a historia acontece nunha
tribo de África e introducín no libro palabras na súa lingua, o suahili.
Nesta novela sábese o que
pasa con todos os personaxes menos con Aldo. Ao final que lle ocorre?
Non
me preocupan os cabos soltos, iso déixoo para que cadaquén o interprete.
Preferín centrarme máis no que lle acontece ao violín. Como xa dixen, gústanme
as novelas con finais abertos, que deixen pensar ao lector.
Gústache facer novelas
históricas?
A
historia da música é un tema que me apaixona.
Por que puxeches o título
do libro en latín?
Especialmente
porque me gusta moito o latín, que creo que é unha lingua que deberiamos
estudar dende pequenos. O lema Festina
lente significa que as cousas hai que facelas apuradas pero con xeito.
Que libro che gustou máis
facer?
Todos
me gustan por igual, non teño preferencias. De feito, considero os libros coma
se fosen fillos meus.
Existe realmente o códice
do que se fala na historia?
Non.
O códice foi unha invención miña para meter un pouco de intriga. O que si
realmente existe é a lingua dos arxinas.
Identifícaste con algún
personaxe?
Claro,
identifícome co encadernador. A min os libros agrádanme moito, tamén como
obxectos. De feito, se tivese máis diñeiro conseguiría libros moi antigos. O
personaxe do encadernador escollino porque un dos traballos da miña muller foi
ser encadernadora.
Noelia
Álvarez Márquez (2º ESO)
Verónica
Rodríguez González (2º ESO)
Andrea
Álvarez Penín (4º ESO)
Ariadna
da Silva Ferreira (1º Bacharelato)
Rocío
Jiménez García (1º Bacharelato)
No hay comentarios:
Publicar un comentario