Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

martes, 3 de marzo de 2015

Eu son Rosalía!


O 24 de febreiro celebramos o centenario do nacemento de Rosalía de Castro no noso centro.
Primeiro traballamos con textos da escritora nas aulas e analizamos as diversas facetas da súa figura intelectual.

A partir de aquí propúxosenos —en concordancia cunha proposta da AELG— a cada unha/un de nós escribirmos unha oración que principiase “Eu son Rosalía...!”.
No recreo recitáronse textos de Cantares gallegos e de Follas novas. Tamén se leron os textos elixidos creados por nós.


Eu son Rosalía...

... porque non me amedrenta o que pensen os demais!

... porque falo en galego!

...cando quero ver Galiza dende outro punto de vista!

.... cando esperto e vexo o difícil que é a vida!

... porque defendo á muller!

... porque me gusta arriscar!

... porque dende a miña ventá escoito as campás que debuxan un sorriso en min!












No hay comentarios:

Publicar un comentario