Nós
Nós
Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.
Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!
viernes, 16 de noviembre de 2012
Día da Ciencia en GALEGO.
Premios PONTE...NAS ONDAS! 2012
jueves, 14 de junio de 2012
Programa de actividades centenario Celso Emilio Ferreiro
Visita do intercambio do equipo de normalización lingüística
miércoles, 9 de mayo de 2012
Crónica da visita pola Baixa Limia
viernes, 27 de abril de 2012
Tíralle da Lingua Abril 2012
“A primeira boneca que fala galego” é unha historia tirada do libro de Sechu Sende Made in Galiza. Unha das protagonistas que falan nela chámase Belén Regueira. Pois... a que non sabedes con quen estivemos antes de entrar a contar o conto, no salón de actos do IES Rosalía de Castro?