Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

jueves, 14 de junio de 2012

Programa de actividades centenario Celso Emilio Ferreiro





: Biblioteca do IES de Celanova, Coordinadora comarcal de Equipos de : Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Fundación Celso
Lugar de celebración
: Biblioteca do IES de Celanova
Datas
: Mércores 20 de xuño (10.45-12.25). Xoves 21 de xuño (19.00 en diante)
Exposicións
Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989
Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989
(IES de Celanova)
Descubrindo a Xocas
Libro feito polo alumnado de Educación Infantil
(CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)
O foxo do lobo das Covateiras
Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez
na cultura popular
Moais do val do Limia
(CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” - Bande)Os foxos do lobo. A caza do lobo(IES Aquis Querquernis – Bande)
Os ollos das palabras
Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos
Presentacións
Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova - Baixa Limia
Celanova)
Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca
(IES de
Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor
Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos
da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova
Audiovisuais
A miña palabra preferida é...
Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova
(CEIP Curros Enríquez – Celanova)
Celanova ten un vento
Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro
(CPR Sagrado Corazón – Celanova)
A máis fermosa roseira
Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte
(CEIP Rogelio García Yáñez - Ramirás)
Loa ao porco bravo
Versión dun poema de Henrique Feixó
(CEIP San Marcos – Cartelle)
Letras do val do Limia
Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia
(IES Aquis Querquernis - Bande)
Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo
Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e
Dinamización Lingüística (ENDL)
(IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia)
Ás veces fáltannos palabras
Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG
(IES de Tomiño)
Recitais
Recital musicado dos poemas “Nai”, “Soldado” e “Moraima”, de Celso Emilio
Ferreiro
(IES de Celanova)
Interpretación musical dos poemas “Bande” e “María Soliña”, de Celso Emilio
Ferreiro
(IES Aquis Querquernis – Bande)
Intervencións
Celso Emilio Ferreiro fai cen anos
Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro
Escritores da Terra. Terra de escritores
Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola
AELG
A palabra dos nosos escritores
Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia
Propostas
Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro

Os escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia
no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro




Colabora
Emilio Ferreiro
Organiza
Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova – Baixa Limia

No hay comentarios:

Publicar un comentario