Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

miércoles, 10 de febrero de 2016

TÍRALLE DA LINGUA 2016



En decembro realizamos a primeira fase no centro. Houbo moita participación e moi bos resultados, pois temos moi boa canteira de contadores e contadoras de historias.
Agora xa estamos preparando a segunda fase do centro.

Moitos folgos para todo o alumnado da ESO e de Bacharelato que pasou: Lucía, José Luis, Andrea, Paula (de 1º), Irene, Sofía (de 2º), Ares, Noelia (de 3º), Óscar (de 4º), Alejandro, Andrea (de 1º Bac.).


As/os mellores serán quen nos representen en Compostela, na fase final. Facelo o mellor posíbel, outra vez, e… tentar gañar!



























No hay comentarios:

Publicar un comentario