Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

domingo, 7 de febrero de 2016

Espectáculo de sombras chinesas

Esta actividade tan orixinal e creativa levouse a cabo na biblioteca do centro ás 12:30 do día 3 de novembro.
Consistiu na interpretación dun conto de samaín do curso de 1º da ESO con sombras chinesas. Toda a decoración, as siluetas e os contos foron feitos polo alumnado deste curso.
1ºESO A
“Cando petan na porta pola noite’’: por Andrea Alonso Pérez, José Luís González González e Lucía Feijóo Quintas.
“A man do cemiterio”: por Jénifer González Da Silva e Sandra González Pérez.
“O monte que foi coñecido por Halloween”: por Ana Alonso Da Silva, Xoán Ferreiro Domínguez e Fabián Da Silva Ferreira,
“A cabeza da vella”: por Alexis Álvarez Salgado, Andrés González Pérez e Samuel Baños Rodríguez.
“Samaín en Xendive”: por Carlota Ferreiro Domínguez, Eva González Macorano e Joel Arias Rodríguez.
1ºESO B
“O cemiterio misterioso”: por Raúl Moes González, Iago Rodríguez Álvarez e Joel Pérez Francisco.
“O home dos rostros”: por Paula Senaz Feijó, Sara Martínez Domínguez, Denís Lamas González e Judith Nin Aguilera.
“A casa do terror”: por Laura Sousa Diz, Uxía Pereira Fortes, Elsa Veloso Rodríguez e Ismael Luque Estañol.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario