Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

jueves, 19 de mayo de 2016

INTERCAMBIO CO IES DA ILLA DE AROUSA



Andaina pola Baixa Limia

A comezos de maio recibimos a visita do alumnado de 1º da ESO do IES da Illa de Arousa, con quen, este curso, realizamos a actividade do intercambio escolar.

Primeiro levamos a cabo o intercambio epistolar (postais con elementos das nosas paisaxes, mail-art) e agora estamos a pór en práctica o intercambio real entre alumnas e alumnos de 1º da ESO de ambos os centros.

A experiencia consistiu na recepción no taller do noso centro. Deseguido fomos deica a igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande e, a continuación, ao centro de interpretación do campamento romano que lle dá nome ao noso centro.

Por último achegámnos ata as augas quentes de Río Caldo, en Lobios, onde xantamos todos xuntos.

Fícanos irmos nós alá. Cheiraremos o ar salgado da Illa o 21 de xuño. Cada vez xa falta menos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario