Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

jueves, 19 de mayo de 2016

MANUEL MARIA PARA XOCAS



Xeira coa obra de Manuel María do alumnado do IES Aquis Querquernis (Baixa Limia) co do CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” (Bande)
Biblioteca do IES Aquis Querquernis, sexta feira 14 de maio de 2016, dende ás 11.30 h.
Organiza: ENDL do IES Aquis Querquernis
Colaboran: Biblioteca do IES Aquis Querquernis, Departamento de Plástica do IES, CEIP Xaquín Lourenzo


Resumo da actividade: alumnado de 1º da ESO do IES Aquis Querquernis presentaralle e daralle a coñecer a figura e a obra literaria de Manuel María ao alumnado de Primaria do CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas”.


Programa de actividades:
Quen é Manuel María?” - Lucía Feijoo Quintas
Recitado de textos”
O arco da vella” – Sabrina Javier Domingues
A Lúa” – Joel Pérez Francisco
Señor Gato” – Sandra
Bando” – Andrea Alonso Pérez
Galiza” – Paula Senaz Feijoo
A fala” – Irene Montes Bustos (2º ESO)
Poema “O carro”: proxección do audiovisual da interpretación de Fuxan os Ventos; canción a coro polos presentes.
Agasallo a cada alumno/-a dun marcapáxinas coa figura dunha chave coa lenda “O idioma é a chave coa que abrimos o mundo”.
Recitado, polo alumnado de Primaria, dos poemas: “Dá noxo ollar aos galegos”, “Deixamos morrer a fala”, “O noso idioma é a luz”.



INTERCAMBIO CO IES DA ILLA DE AROUSA



Andaina pola Baixa Limia

A comezos de maio recibimos a visita do alumnado de 1º da ESO do IES da Illa de Arousa, con quen, este curso, realizamos a actividade do intercambio escolar.

Primeiro levamos a cabo o intercambio epistolar (postais con elementos das nosas paisaxes, mail-art) e agora estamos a pór en práctica o intercambio real entre alumnas e alumnos de 1º da ESO de ambos os centros.

A experiencia consistiu na recepción no taller do noso centro. Deseguido fomos deica a igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande e, a continuación, ao centro de interpretación do campamento romano que lle dá nome ao noso centro.

Por último achegámnos ata as augas quentes de Río Caldo, en Lobios, onde xantamos todos xuntos.

Fícanos irmos nós alá. Cheiraremos o ar salgado da Illa o 21 de xuño. Cada vez xa falta menos!





VISITA A SEDE DA FUNDACIÓN MANUEL MARÍA



A segunda feira 4 de abril alumnado de 2º e de 3º da ESO do noso centro fomos á sede da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, en Outeiro de Rei.

Resultou unha experiencia moi interesante. Mágoa da chuvia que non nos deixou chegar ata o regato do Cepelo a recitar os versos que o escritor lle dedicou.

Como non puidemos recitar os seus versos en diversos espazos vitais da súa terra natal, fixémolo dentro da Casa de Hortas, que é como che chama o seu domicilio familiar.