Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

viernes, 29 de mayo de 2015

Contos á vista no Tíralle da Lingua!

O 18 de xuño (quinta feira) ás 12:30 h. no salón de actos, haberá unha sesión de contacontos co alumnado do IES Aquis Querquernis a cargo de Cándido Pazó.



Fotos das actuacións:













martes, 12 de mayo de 2015

Alumnas do IES de Bande volven gañar unha nova convocatoria do certame Tíralle da Lingua convocado pola AS-PG

O pasado 28 de abril de 2015, no salón de actos do IES Rosalía de Castro de Compostela, celebrouse a fase final do certame de narración oral Tíralle da Lingua. Nela participou alumnado de numerosos centros de toda Galiza.
A representación do noso centro correu a cargo de Sofía Rodríguez Pires (1º) e Ares Lamas González (2º), na categoría de primeiro ciclo da ESO, e mais Andrea Álvarez Penín (1º BAC) e Victoria Feijoo Quintas (2º BAC), na categoría de segundo ciclo da ESO e ensino posobrigatorio.
A participación das catro contadoras foi excelente, do mellor que alí se ouviu, e iso que a competencia era moi alta.
As historias contadas polas nosas alumnas, que accederon á fase final, logo dun duro proceso de selección no instituto, foron tanto de base popular coma literaria.
Na categoría de primeiro ciclo da ESO Ares Lamas González acadou o segundo premio, coa narración titulada “A fábrica de palabras”.
Na categoría de segundo ciclo da ESO e ensino posobrigatorio Andrea Álvarez Penín acadou o primeiro premio, coa narración titulada “Martuxiña”.
No remate do certame, diversos compañeiros, que ficaron abraiados polas magníficas interpretacións das nosas representantes, comprometéronse a lles realizar gravacións para os seus programas de radio escolar.
Eis a reprodución de senllos programas do Proxecto Neo, feito dende o IES Perdouro de Burela.


No primeiro aparece a entrevista realizada a Andrea Álvarez Penín:



No segundo figura a entrevista realizada a Victoria Feijoo, Sofía Rodríguez e a Ares Lamas:


Eis unha ligazón relativa a unha nova de prensa:

http://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/alumnas-do-ies-bande-ganan-certame-tiralle-da-lingua/20150503095747541450.html