Nós

Nós

Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.

Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!

miércoles, 17 de abril de 2013

"Unha alumna do noso centro -Maite López, de 4º da ESO- interpreta de marabilla poemas musicados de Celso Emilio"


Irmaus - María Soliña:


Agardarei - Bande:



Voz: Maite López (alumna da ESO do IES de Bande). Piano: Irma Fernández (profesora do IES de Celanova).

Biblioteca do IES de Celanova, 11 de abril de 2013.

Como títular da entrada ao mellor podíaselle pór o seguinte:



Programa de actividades da Fundación Celso Emilio Ferreiro:
http://celsoemilioferreiro.org/2013/04/acto-de-presentacion-da-edicion-facsimilar-de-lf/