Nós
Nós
Temos lingua propia! Temos cultura de noso! Vivimos na terra onde a natureza se fai voluptuosa para acoller o val do Limia dende os cornos esgrevios da serra do Xurés. Damos un paso e atravesamos a inexistente raia con Portugal: a historia quixo afastarnos, mais únennos as tradicións, achégannos as palabras. Os do IES Aquis Querquernis levamos o nome dos antigos poboadores que gozaban da auga quente rodeados de natureza enxebre, no medio e medio das grandes carballeiras.
Este é o noso blogue de normalización lingüística. Nel presentamos os nosos traballos, amosamos as nosas inquedanzas, expresamos o noso desexo de podermos vivir en galego. E, sobre todo, convidamos a facer equipo. Porque, dende este espazo da natureza cheo de aire puro sabemos ben que a maxia da realidade se crea cos acentos compartidos. Únete a nós!
domingo, 9 de junio de 2013
miércoles, 17 de abril de 2013
"Unha alumna do noso centro -Maite López, de 4º da ESO- interpreta de marabilla poemas musicados de Celso Emilio"
Irmaus - María Soliña:
Voz: Maite López (alumna da ESO do IES de Bande). Piano: Irma Fernández (profesora do IES de Celanova).
Biblioteca do IES de Celanova, 11 de abril de 2013.
Como títular da entrada ao mellor podíaselle pór o seguinte:
Programa de actividades da Fundación Celso Emilio Ferreiro:
http://celsoemilioferreiro.org/2013/04/acto-de-presentacion-da-edicion-facsimilar-de-lf/
jueves, 21 de marzo de 2013
Maite López Martínez
Poemas “Bande” e “María Soliña”, de CEF.
Interpretación: Maite López Martínez (alumna de 4º ESO – IES Aquis Querquernis).
Música: Irma Fernández (profesora de música do IES de Celanova).
Biblioteca do IES de Celanova, 20 de xuño de 2012.
"http://www.youtube.com/embed/XR3Mt15jTio?rel=0"